jueves, 23 de enero de 2014

CREANDO CÓDIGOS QR

Unha vez finalizadas as páxinas web das fresas e das cenorias pasamos a crear un QR para cada un dos SITES.


Empregando un dos moitos programas online para este fin, pegamos onde nos indica a dirección web do noso SITE, e o programa crea un QR que xa podemos gardar ou imprimir.


O último paso é comprobar que o QR nos leva á páxina web que queremos, así que o comprobamos na TABLET coa axuda dun programa lector destos códigos, o QR DROID.


martes, 21 de enero de 2014

MAR PAZífico

Aquí tedes un adianto do que veredes o 30 de xaneiro.
A marea de xente de Barrionovo formando un Mar PAZífico.

lunes, 20 de enero de 2014

SOMOS ONDAS QUE FAN MARES

A marea de xente de Barrionovo está preparando unha sorpresa para o noso festival PAZífico do día 30 de xaneiro.



Máis información na biblioBN.

viernes, 17 de enero de 2014

HORTO QR

Durante o primeiro trimestre, estivemos destinando algunhas das sesións do Taller TIC á creación de páxinas web (empregando GOOGLE SITES) dalgunhas das especies do noso horto. 
Nestas páxinas insertamos debuxos e fotografías realizadas por nós, xunto con información relativa ao cultivo.




O proceso de creación destas páxinas é longo e costoso, xa que teñen que debuxar, tomar fotografías, empregar internet para atopar os nomes científicos das especies, as súas características, enlaces interesantes... Procesar toda esta información, sintetizala, e despois plasmala mediante a escritura.


Neste trimestre crearemos un código QR para cada páxina finalizada: a das fresas e a das cenorias, e así, o HORTO QR irá tomando forma.

lunes, 23 de diciembre de 2013

VIDEOCLIP NADAL 2013



Videoclip filmado mediante a técnica do CROMA, no que empregamos barquiños de papel aportados polas familias, que tamén serviron para a decoración e a postal de NADAL do cole.


jueves, 12 de diciembre de 2013