Mostrando entradas con la etiqueta RA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RA. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2020

Realidade aumentada

COIDADO INDIOS E INDIAS! 


Son moitos os animais que nestes días de confinamento andan ás súas anchas polas estradas!

 Para máis info, clica na imaxeOs animais de Norte América tamén...e algún chegou ata Pastoriza!

Como os podes descubrir??? desde Aulas Galegas explícannos como poder facelo. Só necesitas o móbil e conexión a internet 

Probamos? 

Na imaxe podes ver os pasos a seguir.


*De momento o catálogo de animais que nos ofrece Google non é demasiado amplo, pero si que podes ver xa tigres, leopardos, leóns, quenllas, ourizos, patos, pingüíns, lobos, cabras, serpes, aguias, osos, cabalos, ponis, tartarugas, gatos, polbos ou osos panda.



CAL ATOPACHES DE NORTE AMÉRICA! SACA UNHA FOTO CON EL E ENVÍANOLA AO MAIL DA AULA!!


lunes, 30 de abril de 2018

ESCORNABOT E RA

No Taller TIC estivemos a xogar cunha plantilla para o Escornabot con Realidade Aumentada, con vídeos explicativos do noso patrimonio realizados polo alumnado de 5 anos.


martes, 10 de junio de 2014

LIBRO DOS NOMES CON REALIDADE AUMENTADA

No Taller TIC de 3 anos xogamos co LIBRO DOS NOMES con REALIDADE AUMENTADA.


Xogamos a identificar os nomes dos compañeiros e a comprobar no iPAD se acertamos.


Esta actividade foi elaborada co AURASMA que nos permite crear REALIDADE AUMENTADA.


jueves, 30 de mayo de 2013

REALIDADE AUMENTADA

No Taller TIC desta semana coñecimos uns novos códigos, os códigos ou marcadores RA.


 Para poder lelos empregamos outra ferramenta TIC á nosa disposición no recuncho de BIBLI@TIC, a cámara web.


Con este código, a cámara web e unha aplicación do Museo de Historia Natural de Londres, puidemos ver a un NEANDERTHAL camiñando pola nosa aula.
 
Tentamos tocalo pero non foi posible, cousas da REALIDADE AUMENTADA!