domingo, 29 de enero de 2017

ARDUINO: MODIFICANDO O ESCORNABOT

ESTA SEMANA, NO TALLER TIC, ESTIVEMOS A MODIFICAR O PROGRAMA (EN ARDUINO) QUE FAI FUNCIONAR O ESCORNABOT.

O RETO ERA QUE O AVANCE, PASARA DOS 10 CM HABITUAIS AO LARGO DUNHA DAS PEZAS GIGI

DESPOIS DE COMPROBAR QUE O AVANCE DO ESCORNABOT E DO BEEBOT NON ERAN A DISTANCIA QUE DEBIA RECORRER PARA COMPLETAR A PEZA


MEDIMOS A LONXITUDE DA PEZA



E BUSCAMOS NA PROGRAMACIÓN EN ARDUINO DO ROBOT O PARAMETRO A MODIFICAR

FIXEMOS OS CALCULOS NECESARIOS EMPREGANDO UNHA REGRA DE TRES E UNHA CALCULADORA

E UNHA VEZ MODIFICADO, COMPILAMOS O PROGRAMA E SUBIMOLO AO ESCORNABOT MEDIANTE O CABLE USB

E COMPROBAMOS QUE AGORA AVANZA OS CENTIMETROS  QUE PRECISABAMOS

UNHA VEZ PROGRAMADO, CONVERTEUSE NO ESCRIBABOT
(MIRADE AQUI)
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/01/escribabot-paz.html

miércoles, 11 de enero de 2017

DESEÑAMOS E IMPRIMIMOS UNHA PEZA

Despois de facer as primeiras probas coa impresora 3D, lanzámonos a imprimir pezas que teñan unha utilidade para nos, como poden ser as pezas plasticas dos escornabots ou outras pequenas cousas como as figuras de nadal que usamos para estampar..
Estes dias estamos a dar un paso mais: o DESEÑO EN 3D. O noso primeiro obxectivo foi copiar unha peza dun puzzle de encaixe para poder reemplazar as que se perderon,


Primeiro observamola e medimos as suas dimensións

 Despois de rexistrarnos na web TINKERCAD, que nos permite deseñar pezas para impresión partindo de letras, numeros e figuras xeométricas, creamos un novo proxecto, composto por dous cilindros, cos que imitamos a peza.


Despois de colocalos e agrupalos para formar unha sola peza

Exportamos un arquivo con extensión .STL,

 que despois levamos ao programa CURA, co que podemos escalar as figuras a imprimir, e que nos xenera o arquivo coa extensión .GCODE, que é o que precisa a impresora 3D para elaborar a peza


Agora, so nos quedaba pasalo á tarxeta e imprimir a peza.


e esperar a que se remate




Lista para utilizarse!!


Aqui tedes un titorial moi clariño, animadevos a iniciarvos no deseño 3D!!