sábado, 19 de septiembre de 2020

COMEZAMOS NOVO CURSO

Arrancamos o curso e o noso escornabot da aula azul xa chegou das vacacións disposto a coñecer aos novos alumnos que empezan este ano en tres anos. Non podía faltar a plantilla coas súas imaxes e as súas iniciais para facer dinámicas de presentación do alumnado ao tempo que introducimos as letras e así traballar o inicio da lectoescritura.