miércoles, 11 de diciembre de 2019

Luz Negra

Ás veces no Espazo Fedelleiro en vez de xogar coas novas tecnoloxías, collemos papel e pincéis, apagamos as luces e pasa isto...









lunes, 9 de diciembre de 2019

Exipto 3D

Na viaxe a Exipto da aula azul, andan a traballar cos xeroglíficos das pirámides, e no recuncho da aula non podía faltar un "mini mundo" desta parte do mundo. Coa impresora 3D construiron os seus nomes e imprimimos pirámides, sarcófagos, a Nefertiti que atopamos na páxina de Thingiverse e como non, o abecedario!



 

domingo, 24 de noviembre de 2019

INCREDIBOX


Xogade cos ritmos e animádevos a compoñer coas distintas posibilidades que ofrece esta APP, nós na aula de música xa empezamos!













Incredibox from biblio BN on Vimeo.

martes, 19 de noviembre de 2019

TinyTap #mesturArte

Coñecemos as culturas dos distintos lugares do mundo a través da súa música.

Partimos do noso contexto, Galicia, para viaxar de contado ata África!


Pero primeiro...¿en que medio de transporte viaxamos? Xogamos a recoñecer sons!!

 


 E agora sí, comeza a viaxe...


 

Iniciais en 3D

Un ano máis o alumnado de 3 anos toma o seu primeiro contacto coa impresora 3D facendo as súas inicias.



martes, 29 de octubre de 2019

Xogamos co croma en Green Screen

Na escola non é a primeira vez que os nenos e nenas experimentan co croma, pero desta volta o que queremos é que eles de maneira espótanea se familiaricen con esta aplicación e poidan crear de xeito autónomo e espontáneo incluíndoo como un xogo máis dentro da  aula.




O seguinte video é unha primeira toma de contacto explorando as posibilidades que nos dá a aplicación. 





Xogamos co croma from biblio BN on Vimeo.