sábado, 25 de noviembre de 2017

XOGO DOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

O alumnado de 4 anos elaborou este xogo para conmemorar o Día da Música empregando o Ipad e a App "TinyTap".


Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



XOGANDO COS ROBOTS

Continuamos xogando e aprendendo cos robots do cole: BEEBOT, BLUEBOT e ESCONABOT

No Taller de 3 anos traballamos as formas xeométricas co Bluebot e os nosos nomes co Escornabot.



No de 4 anos xogamos cos nosos números de lista e o dodecaedro na recta numérica co Escornabot.



No Taller de 5 anos realizaron a medición dos avances dos robots coas regletas, traballando composición e descomposición de cantidades.


domingo, 22 de octubre de 2017

ALFABETO 3D

No Taller TIC estamos a deseñar un alfabeto 3D para rotular os espacios do cole partindo do noso trazo.


Transformamos as grafías (.jpg) en obxectos 3D (.stl) co SELVA3D.


Por último, abrimos estos obxectos co CURA, os redimensionamos e os transformamos en arquivos de impresión 3D (.gcode).


Os gardamos na tarxeta da impresora e... listos para imprimir!


lunes, 9 de octubre de 2017

AGASALLO 3D

Este curso agasallamos aos coles do Proxecto "Escornabots na Biblioteca Escolar" cun deseño 3D elaborado co trazo dun neno de 5 anos.


A imaxe foi transformada co SELVA3D, redimensionada co CURA e materializada coa Impresora 3D.

domingo, 1 de octubre de 2017

GOOGLE EARTH NAS MESAS MULTITÁCTIS

No Taller TIC de 5 anos instalaron e fedellaron coa APP "GOOGLE EARTH" nas Mesas Multitáctis do Espazo Fedelleiro.

Seguro será un bo recurso para "A Volta a Galicia en 284 días".



O alumnado de 4 anos buscou o cole e... o atopou!


IMPRESIÓN 3D DAS NOVAS INICIAS

No Taller TIC os nenos e nenas da Aula de 3 anos están empezando a imprimir as iniciais dos seus nomes.


Unha vez creado o arquivo de impresión (.gcode) no CURA o pasamos a tarxeta da impresora 3D e o imprimimos.



A primeira inicial elexida foi a da profe Irene.


Despois serán as nosas!