sábado, 19 de septiembre de 2020

COMEZAMOS NOVO CURSO

Arrancamos o curso e o noso escornabot da aula azul xa chegou das vacacións disposto a coñecer aos novos alumnos que empezan este ano en tres anos. Non podía faltar a plantilla coas súas imaxes e as súas iniciais para facer dinámicas de presentación do alumnado ao tempo que introducimos as letras e así traballar o inicio da lectoescritura.

domingo, 31 de mayo de 2020

Taller TIC: Números e letras


LA ISLA DE LAS LETRAS




Visitade esta illa e descubride as letras!



Despois, probade a cazar todos os números!




domingo, 17 de mayo de 2020

Día dos museos


Hoxe é o día dos museos, e aquí achegaos o enlace a App do museo de Belas Artes da Coruña

viernes, 15 de mayo de 2020

Animales norteamericanos

Cantos animais coñeces de norteamerica? Estoupa os globos para poder cargalos no tren!



 

domingo, 10 de mayo de 2020

Realidade aumentada

COIDADO INDIOS E INDIAS! 


Son moitos os animais que nestes días de confinamento andan ás súas anchas polas estradas!

 Para máis info, clica na imaxeOs animais de Norte América tamén...e algún chegou ata Pastoriza!

Como os podes descubrir??? desde Aulas Galegas explícannos como poder facelo. Só necesitas o móbil e conexión a internet 

Probamos? 

Na imaxe podes ver os pasos a seguir.


*De momento o catálogo de animais que nos ofrece Google non é demasiado amplo, pero si que podes ver xa tigres, leopardos, leóns, quenllas, ourizos, patos, pingüíns, lobos, cabras, serpes, aguias, osos, cabalos, ponis, tartarugas, gatos, polbos ou osos panda.



CAL ATOPACHES DE NORTE AMÉRICA! SACA UNHA FOTO CON EL E ENVÍANOLA AO MAIL DA AULA!!


jueves, 23 de abril de 2020

domingo, 19 de abril de 2020

#mesturArte: Recompilación TinyTap

PROXECTO ANUAL #MESTURARTE












2 Propostas para aprender xogando




SMILE AND LEARN, o xogo das nosas mesas multitáctils do espazo fedelleiro. Podedelo descargar para ANDROI



Nesta aplicación poderás facer 4 tipos de tarefas con distintos niveis:

1.Conciencia fonolóxica: identificar a palabra que empeza pola letra sinalada.
2.Creación de palabras a partir de dúas silabas
3.Facer parellas palabra-imaxe
4.Lectura de historia con preguntas de comprensión





martes, 14 de abril de 2020

XOGO de PSICOMOTRICIDADE

Inauguramos unha nova ferramenta para a elaboración de experiencias educativas a través de GENIALLY!

Unha proposta para PSICOMOTRICIDADE. Para unha mellor experiencia, poñede a pantalla completa!


jueves, 2 de abril de 2020

AS NOSAS REDES SOCIAIS

Ademais de no nosos blogues, hai algún tempo que tamén podedes estar ao tanto do que pasa na escola a través das nosas redes sociais!  Clicade na imaxe e seguídenos!

TWITTER
Add caption

domingo, 29 de marzo de 2020

#quedanacasa: RECURSOS ONLINE

Son moitas as editoriais que están a contactar cos centros para ofrecer os recursos mentres #Quedamosnacasa. Edelvives pon a disposición das familias e profesorado os seguintes recursos ONLINE


1. Por unha banda unha serie de materiais que só se poden usar desde o PC, para acceder a eles:








2. APPs ás que se podera ter acceso a través de tablet, ipad ou móbiles:




IMPRESIÓN 3D: MATERIAL DE URXENCIA SANITARIA

A impresora 3D é un dos recursos TIC que máis usamos na nosa escola desde que se adquiriu a través do proxecto Arteixo Innovación.

Tal e como require a situación actual que estamos a vivir, non tiña sentido que estivese parada esperando á chegada dos nenos e nenas, por iso todo o claustro estivemos de acordo en cedela para que mentres a escola estea pechada, se poida sacar o máximo partido dela.

Por iso estamos a colaborar co Laboratorio de fabricación dixital da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) na realización de viseiras 3D no proxecto colaborativo coronavirusmakers.org de protección para o persoal sanitario. Ademais unha das nosas mestras está facendo viseiras a man con todo o acetato para que o nosos sanitarios poidan levar a cabo o seu traballo protexidos durante esta crise sanitaria.

Algunhas das viseiras xa están sendo utilizadas, e desde aquí queremos enviar forzas e dar as grazas a todo o colectivo sanitario por o intenso traballo destes días.
    





miércoles, 18 de marzo de 2020

Croma: Videoclip Feminist Baby

O 8 de Marzo, tivemos unha xornada especial no que cantamos o conto "Feminist baby" nunha actividade conxunta entre a profe de inglés e a de música. Posteriormente os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. elaboraron este cromo coas imaxes do conto como escenario.


Feminist baby from biblio BN on Vimeo.

martes, 17 de marzo de 2020

Doodle 3d: Rañaceos

Preparamos os nosos rañaceos coa app Doodle 3D. Para debuxalos seleccionamos a opción de "liña recta".



#mesturarte: Monopoly escornabótico!

Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas... 

 Unha proposta para o proxecto #mesturarte.


miércoles, 12 de febrero de 2020

Canto miden os pasos do escornabot?

Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan. Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta. Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe. Así o fixeron:

lunes, 3 de febrero de 2020

Expoñemos a información sobre o proxecto

Nesta viaxe polo mundo hai moito que aprender. Para que non se nos olvide e o podamos compartir co resto das aulas estamos a elaborar un croma con toda a información que están a aprender. Así o facemos no obradoiro TIC. En breve poderemos ver os vídeos rematados! Estade atentos e atentas!

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

miércoles, 22 de enero de 2020

Exipto en STOPMOTION

Na aula azul xa están rematando a súa viaxe por Exipto, onde coñeceron cultura, música, animais, xeografía, tradicións e arquitectura. O alumnado decidiu plasmar nunha maqueta todo o aprendido con distintos materiais: da natureza, de refugallom, impresión 3D... 

Na sesión de TIC de esta mañana elaboraron este STOP MOTION!







Exipto-Stopmotion from biblio BN on Vimeo.

Coñecemos o OZOBOT

Un novo robot chegou a escola, Ozobot, ou BIT para os amigos. É un robor "sigueliñas" e nas primeiras sesións estamos a coñecer as súas posibilidades e movementos según os códigos de cor. 





Conocemos Ozobot from biblio BN on Vimeo.




As tarxetas cos movementos ilustrados foron descargados da seguinte web (clicando accederedes).