Mostrando entradas con la etiqueta QR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta QR. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de diciembre de 2018

Música e Tic

Estamos a preparar un recompilatorio musical para dar por finalizado este primeiro trimestre e recoller as cancións que traballamos na aula de música.
Un chaveiro interactivo cos enlaces as cantigas que os nenos e nenas interpretan.

Coa impresora 3D e a través da plataforma Thingiverse atopamos un chaveiro de Clave de Sol (a protagonista das sesións) e na web  de "Unitag" creamos os códigos QR.






lunes, 24 de octubre de 2016

CREANDO CODIGOS QR

Estes dias, no taller TIC, estivemos a crear uns codigos QR que nos dirixirán aos videos tutoriais do Taller Escornabótico. Personalizamos cada un deles, de xeito que levan o logotipo co numero da sesión.

AULA ROSA

AULA AZUL

Despois pegámolos nas nosas fichas do Manual de Instrucións de Montaxe do Escornabot, e escaneando cada unha delas cun lector de CODIGOS QR, accederemos ao video da sesión correspondente.

jueves, 23 de enero de 2014

CREANDO CÓDIGOS QR

Unha vez finalizadas as páxinas web das fresas e das cenorias pasamos a crear un QR para cada un dos SITES.


Empregando un dos moitos programas online para este fin, pegamos onde nos indica a dirección web do noso SITE, e o programa crea un QR que xa podemos gardar ou imprimir.


O último paso é comprobar que o QR nos leva á páxina web que queremos, así que o comprobamos na TABLET coa axuda dun programa lector destos códigos, o QR DROID.


viernes, 17 de enero de 2014

HORTO QR

Durante o primeiro trimestre, estivemos destinando algunhas das sesións do Taller TIC á creación de páxinas web (empregando GOOGLE SITES) dalgunhas das especies do noso horto. 
Nestas páxinas insertamos debuxos e fotografías realizadas por nós, xunto con información relativa ao cultivo.




O proceso de creación destas páxinas é longo e costoso, xa que teñen que debuxar, tomar fotografías, empregar internet para atopar os nomes científicos das especies, as súas características, enlaces interesantes... Procesar toda esta información, sintetizala, e despois plasmala mediante a escritura.


Neste trimestre crearemos un código QR para cada páxina finalizada: a das fresas e a das cenorias, e así, o HORTO QR irá tomando forma.

martes, 21 de mayo de 2013

OS QR DO COLE

Seguimos a traballar coa TABLET e os CÓDIGOS QR.


Desta vez escaneando coa TABLET os distintos QR do cole e identificándoos cos seus respectivos blogs.