Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR". Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de noviembre de 2018

Taller Escornabótico: Cambio dun motor


O alumnado de 4 anos cambiou un motor avariado dun Escornabot.




Tamén rotularon a caixa onde metemos os Escornabots con algún tipo de "problema" ou avaría.

lunes, 30 de abril de 2018

ESCORNABOT E RA

No Taller TIC estivemos a xogar cunha plantilla para o Escornabot con Realidade Aumentada, con vídeos explicativos do noso patrimonio realizados polo alumnado de 5 anos.


lunes, 16 de abril de 2018

APP PARA O ESCORNABOT

No Taller TIC estivemos a probar o manexo do Escornabot desde a TABLET. Temos que conectar o módulo BLUETOOTH na placa e descargar a app do GOOGLE PLAY.



Podedes descargar a APP aquí:

Resultado de imagen de GOOGLE PLAY ICONO

lunes, 9 de abril de 2018

sábado, 24 de marzo de 2018

ARDUINO

No Taller TIC estivemos a traballar co ARDUINO para facer que o Escornabot avance os mesmos centímetros que o BEEBOT.


Medimos o que avanza cada un.


Enchufamos o Escornabot ao ordenador, abrimos o ARDUINO e buscamos na programación onde aparece configurado o avance. 


Cunha axudiña das profes e da calculadora facemos unha regra de tres para transformar o valor do avance da programación orixinal (1738 =10 centímetros) a 15 cm, o que avanza o BEEBOT. Cambiamos este valor na programación e o cargamos no Escornabot.


jueves, 8 de febrero de 2018

CACHOLAbot



No Taller TIC cada aula deseñou unha carauta de porquiño para o Escornabot.


Unha vez realizados os deseños os pasamos polo SELVA3D para transformalos en arquivos de deseño 3D (.stl) e no TINKERCAD añadimos o volume.



Para rematar os abrimos no CURA para transformalos en arquivos de impresión 3D (.gcode) e os imprimimos.


Listos para xogar cos CACHOLAbots!



sábado, 25 de noviembre de 2017

XOGANDO COS ROBOTS

Continuamos xogando e aprendendo cos robots do cole: BEEBOT, BLUEBOT e ESCONABOT

No Taller de 3 anos traballamos as formas xeométricas co Bluebot e os nosos nomes co Escornabot.



No de 4 anos xogamos cos nosos números de lista e o dodecaedro na recta numérica co Escornabot.



No Taller de 5 anos realizaron a medición dos avances dos robots coas regletas, traballando composición e descomposición de cantidades.


miércoles, 24 de mayo de 2017

MODIFICANDO O AVANCE DO ESCORNABOT: II

  DESPOIS DE REALIZAR UN TRABALLO DE MEDICIÓN EMPREGANDO ESCORNABOT, AS PLANTILLAS, AS PEZAS GIGI, E AS PEZAS KAPLA, NA AULA DE 5 ANOS, 

CALCULAMOS OS VALORES PARA CADA UNHA DAS PEZAS

E FACEMOS OS CAMBIOS NO ARQUIVO QUE CONTEN A INFORMACIÓN NECESARIA PARA O FUNCIONAMENTO DO ESCORNABOT, PARA QUE AVANCE A LONXITUDE DUNHA DAS PEZAS KAPLA


E COMPROBAMOS


MISIÓN CUMPLIDA!!

martes, 14 de febrero de 2017

MONTAXE DO ESCORNABOT DA AULA DE 3 ANOS

Despois de abrir a caixa 

e comprobar, coa axuda de Aida que tiñamos todas as pezas necesarias

arrancamos o noso taller escornabótico



Unha vez rematada a montaxe, só quedaba instalarlle o programa que o fixese funcionar.

Abrimos o programa ARDUINO IDE


conectamos o escornabot co cable USB e subímoslle o programa

LISTO PARA XOGAR E APRENDER!!!

miércoles, 8 de febrero de 2017

ONDE SE ENCONTRAN OS ESCORNABOTS?

No taller TIC comezamos a elaboración  dun mapa con THINGLINK, situando os coles do Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, nun mapa de concellos e bisbarras de Galicia.
Arrancamos insertando o mapa e situando nel a escola



e colocamos a marca


Despois buscamos no blogue da BiblioBN as entradas das videoconferencias, e seleccionamos a direccion web, 

Eleximos a icona que queremos que apareza no mapa e pegamos o link






Gardamos as imaxes e comprabamos que funciona

AQUI ESTÁ O INICIO DO MAPA.... CONTINUARÁ...


domingo, 29 de enero de 2017

ARDUINO: MODIFICANDO O ESCORNABOT

ESTA SEMANA, NO TALLER TIC, ESTIVEMOS A MODIFICAR O PROGRAMA (EN ARDUINO) QUE FAI FUNCIONAR O ESCORNABOT.

O RETO ERA QUE O AVANCE, PASARA DOS 10 CM HABITUAIS AO LARGO DUNHA DAS PEZAS GIGI

DESPOIS DE COMPROBAR QUE O AVANCE DO ESCORNABOT E DO BEEBOT NON ERAN A DISTANCIA QUE DEBIA RECORRER PARA COMPLETAR A PEZA


MEDIMOS A LONXITUDE DA PEZA



E BUSCAMOS NA PROGRAMACIÓN EN ARDUINO DO ROBOT O PARAMETRO A MODIFICAR

FIXEMOS OS CALCULOS NECESARIOS EMPREGANDO UNHA REGRA DE TRES E UNHA CALCULADORA

E UNHA VEZ MODIFICADO, COMPILAMOS O PROGRAMA E SUBIMOLO AO ESCORNABOT MEDIANTE O CABLE USB

E COMPROBAMOS QUE AGORA AVANZA OS CENTIMETROS  QUE PRECISABAMOS

UNHA VEZ PROGRAMADO, CONVERTEUSE NO ESCRIBABOT
(MIRADE AQUI)
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/01/escribabot-paz.html