miércoles, 19 de diciembre de 2018

HP Reveal (Aurasma): O libro dos nomes

Coa aplicacón HP Reveal, gravamos un aurasma para dar realidade aumentada ao libro dos nomes da aula de 3 anos.

Un xeito de dinamizar os contidos da aula a través das TIC. Para comprobar a quen pertence o nome só deberán pasar o lector da aplicación e o protagonista explicará que é.

Clica na imaxe



domingo, 16 de diciembre de 2018

Música e Tic

Estamos a preparar un recompilatorio musical para dar por finalizado este primeiro trimestre e recoller as cancións que traballamos na aula de música.
Un chaveiro interactivo cos enlaces as cantigas que os nenos e nenas interpretan.

Coa impresora 3D e a través da plataforma Thingiverse atopamos un chaveiro de Clave de Sol (a protagonista das sesións) e na web  de "Unitag" creamos os códigos QR.






A inicial en 3D


Os nenos e nenas de 3 anos están a traballar a iniciación a lectoescritura a partir do seu propio nome, e foi por iso que aproveitamos a imprimir na impresora 3D cadansúa inicial!





jueves, 13 de diciembre de 2018

Minimundo co Doddle 3D

Estes días no taller TIC estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D. 

É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran. E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...

Así pouco a pouco iremos deseñando o noso "Minimundo" #somosdemonte que formará parte do noso Espazo Fedelleiro.









ThingLink: #somosdemonte

Neste ThingLink estamos a recompilar toda a información que os nenos e nenas da escola están a aprender nas aulas sobre os montes galegos.