lunes, 23 de diciembre de 2013

VIDEOCLIP NADAL 2013



Videoclip filmado mediante a técnica do CROMA, no que empregamos barquiños de papel aportados polas familias, que tamén serviron para a decoración e a postal de NADAL do cole.


jueves, 12 de diciembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

IMOS Á LONXA

Está próxima a nosa visita á LONXA, así que imos practicando con este xogo de MAREMÁTICAS.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303199343/contido/marematicas/media/In.swf

Unha vez na pantalla principal, para xogar na lonxa, facede clic onde vos indica a frecha da imaxe superior.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303199343/contido/marematicas/media/In.swf

Unha vez na lonxa tirade da palanca da máquina, estade atentos ao número que vos din e marcade a etiqueta que vos indican.

Xogo extraído do REPOSITORIO ABALAR.
 

sábado, 26 de octubre de 2013

TEMPO DE CABAZAS

Practicamos co rato e o teclado coa axuda destas CABAZAS do SAMAÍN.

TALLAMOS CABAZAS



COLLEMOS CABAZAS

  

domingo, 6 de octubre de 2013

jueves, 26 de septiembre de 2013

XOGOS MARIÑOS DO PEIXE VERMELLO

Seguimos a practicar o movemento do rato, o clic, o dobre clic e o arrastre co peixe vermello.
Premede na imaxe e escollede o xogo: a cana de pescar, o crebacabezas ou a ruleta.

jueves, 19 de septiembre de 2013

VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS"

O pasado venres, a biblioBN regalounos unha poesía.
E esta semana deunos a posibilidade de rodar, no Taller TIC, o videoclip dese poema, "CANTOS RODADOS", musicado polo grupo MAMÁ CABRA.


Empregamos a técnica do STOPMOTION coa cámara fotográfica e mailo trípode.
Aquí tedes o resultado.


viernes, 13 de septiembre de 2013

TRABALLANDO CO RATO

Xogo co que practicamos o movemento do rato, o clic, dobre clic e arrastre.
Pechade as comportas que comezamos a... inmersión!!!



jueves, 20 de junio de 2013

miércoles, 19 de junio de 2013

EL HOMBRE DE CROMA-ÑÓN

BiblioTIC está a prepar unha sorpresa para a festa de fin de curso.


Trátase da rodaxe dun videoclip mediante a técnica do CROMA.

martes, 18 de junio de 2013

miércoles, 12 de junio de 2013

SKYPE

Seguindo o traballo coa cámara web, probamos outro dos seus usos: a videoconferencia.


Empregando o SKYPE, a cámara web e un micrófono podemos ver e falar con alguén que está noutro lugar.

jueves, 30 de mayo de 2013

REALIDADE AUMENTADA

No Taller TIC desta semana coñecimos uns novos códigos, os códigos ou marcadores RA.


 Para poder lelos empregamos outra ferramenta TIC á nosa disposición no recuncho de BIBLI@TIC, a cámara web.


Con este código, a cámara web e unha aplicación do Museo de Historia Natural de Londres, puidemos ver a un NEANDERTHAL camiñando pola nosa aula.
 
Tentamos tocalo pero non foi posible, cousas da REALIDADE AUMENTADA!
 

martes, 21 de mayo de 2013

OS QR DO COLE

Seguimos a traballar coa TABLET e os CÓDIGOS QR.


Desta vez escaneando coa TABLET os distintos QR do cole e identificándoos cos seus respectivos blogs.

sábado, 4 de mayo de 2013

UNHA NOVA FERRAMENTA TIC

Esta semana descubrimos no recuncho de bibli@TIC unha nova ferramenta TIC: a tablet.


Entre todos explicamos como funciona.


Ubicamos algunha das súas aplicacións, como a cámara, que nos sirve para sacar fotos e videos e tamén para ler códigos.

miércoles, 1 de mayo de 2013

arteTIC : GRANELL

Estos son os resultados do noso traballo co escáner.

AULA 3 ANOS
 


AULA 4 ANOS

AULA 5 ANOS
 

jueves, 18 de abril de 2013

ARTE CO ESCANER

No Taller TIC estivemos a traballar co escaner.


O empregamos como superficie de traballo e como medio para inmortalizar as nosas composicións artísticas, inspiradas nas esculturas e ready-mades de Eugenio Granell.


Aquí nos tedes traballando.


Os resultados do noso traballo.
 

lunes, 8 de abril de 2013

sábado, 16 de marzo de 2013

martes, 12 de marzo de 2013

INCREDIMAIL

Para xestionar os nosos correos de aula instalamos o IncrediMail.
Un programa gratuito que se pode descargar no ordenador e vinculalo a calquera conta de correo.
Se queredes descargalo na casa pinchade na imaxe e seguide os pasos que vos indican.
 

Proporciona un entorno moi intuitivo e visual e miles de imaxes, animacións e fondos para os mails.
Tamén podedes elexir un notificador, un personaxe animado especial, que aparecerá cada vez que vos chegue un correo.

miércoles, 20 de febrero de 2013

MÁIS SELOS PREHISTÓRICOS

Actividade tipo TUXPAINT na que temos que colocar selos en cada etapa da Prehistoria.
Escollemos o NIVEL 1, a partires de 3 anos.

martes, 5 de febrero de 2013

DISFRAZANDO Á PREHISTORIA

Coa axuda do TUXPAINT. Un programa de pintura creativa, artística e interactiva.

  
Empregando a ferramenta dos selos podemos, dunha forma rápida, sinxela e moi divertida, disfrazar a alguén da Prehistoria.
No Entroido todo está permitido!


 
Se queredes podedes descargar o TUXPAINT para xogar na casa aquí
Trátase dun programa gratuito que trae por defecto unha galería de imaxes diversas pero se queredes traballar con imaxes personalizadas (como é o caso dos prehistóricos) neste enlace vos explican como facelo.


miércoles, 30 de enero de 2013

PAZLABRAS MENUDAS, MENUDAS PAZLABRAS!

Festexamos o Día da Paz coas nosas PAZlabras.



Audiovisual realizado coas fotografías, tomadas polos nenos e nenas, das súas propias composicións e as súas voces gravadas co programa Audacity.

lunes, 21 de enero de 2013

FOTOGRAFANDO PAZLABRAS


No Taller TIC estamos preparando unha sorpresa ARTística e moi PAZífica para o día 30 de xaneiro.