Mostrando entradas con la etiqueta DESEÑO 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DESEÑO 3D. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de diciembre de 2018

Música e Tic

Estamos a preparar un recompilatorio musical para dar por finalizado este primeiro trimestre e recoller as cancións que traballamos na aula de música.
Un chaveiro interactivo cos enlaces as cantigas que os nenos e nenas interpretan.

Coa impresora 3D e a través da plataforma Thingiverse atopamos un chaveiro de Clave de Sol (a protagonista das sesións) e na web  de "Unitag" creamos os códigos QR.






jueves, 13 de diciembre de 2018

Minimundo co Doddle 3D

Estes días no taller TIC estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D. 

É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran. E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...

Así pouco a pouco iremos deseñando o noso "Minimundo" #somosdemonte que formará parte do noso Espazo Fedelleiro.









lunes, 26 de marzo de 2018

PAINT 3D

No Taller TIC achegámonos ao coñecemento do programa PAINT 3D no que podemos garabatear con volume, sen necesidade de pasar por outro programa e así crear unha imaxe 3D directamente.


jueves, 8 de febrero de 2018

CACHOLAbot



No Taller TIC cada aula deseñou unha carauta de porquiño para o Escornabot.


Unha vez realizados os deseños os pasamos polo SELVA3D para transformalos en arquivos de deseño 3D (.stl) e no TINKERCAD añadimos o volume.



Para rematar os abrimos no CURA para transformalos en arquivos de impresión 3D (.gcode) e os imprimimos.


Listos para xogar cos CACHOLAbots!



miércoles, 24 de enero de 2018

MOLDES PARA A PAZ

Deseñamos nas mesas multitáctis uns moldes para facer o Obradoiro de Pan no Día da PAZ.


Pasamos os deseños polo SELVA3D e despois os imprimimos na Impresora 3D.


domingo, 22 de octubre de 2017

ALFABETO 3D

No Taller TIC estamos a deseñar un alfabeto 3D para rotular os espacios do cole partindo do noso trazo.


Transformamos as grafías (.jpg) en obxectos 3D (.stl) co SELVA3D.


Por último, abrimos estos obxectos co CURA, os redimensionamos e os transformamos en arquivos de impresión 3D (.gcode).


Os gardamos na tarxeta da impresora e... listos para imprimir!


lunes, 9 de octubre de 2017

AGASALLO 3D

Este curso agasallamos aos coles do Proxecto "Escornabots na Biblioteca Escolar" cun deseño 3D elaborado co trazo dun neno de 5 anos.


A imaxe foi transformada co SELVA3D, redimensionada co CURA e materializada coa Impresora 3D.

jueves, 29 de junio de 2017

DESEÑO DO LOGO DA ESCOLA

OS NENOS E NENAS DA AULA AZUL DESEÑARON, EMPREGANDO  TINKERCAD O LOGO DA ESCOLA



 COLOCAMOS AS COLUMNAS E ESCRIBIMOS O NOME NO MEDIO


COMO NON PODEMOS IMPRIMIR DE VARIAS CORES, TRANSFORMAMOS AS PEZAS DE CORES EN OCOS, E ESTE É O RESULTADO

sábado, 17 de junio de 2017

Había unha vez un barquiño......en 3D

A AULA DE 3 ANOS RECIBIU UN ENCARGO EN FORMA DE DEBUXO, PARA TRANSFORMALO EN UN BARQUIÑO EN 3 DIMENSIÓNS

DEBUXAMOS CADA UNHA DAS PARTES CO SMART NOTEBOOK E GARDAMOLAS COMO IMAXE


PARA CONVERTIRLAS A 3D EMPREGANDO O SELVA 3D, CADA UNHA DELAS POR SEPARADO

 IMPORTÁMOLAS NO TINKERCAD, E IMOSLLE DANDO A CADA UNHA DELAS UNHA ALTURA DISTINTA, E COLOCAMOSLA PARA FORMAR O BARQUIÑO

GARDAMOLAS COMO ARQUIVO *.STL 

E LISTOS PARA IMPRIMIR!!

miércoles, 11 de enero de 2017

DESEÑAMOS E IMPRIMIMOS UNHA PEZA

Despois de facer as primeiras probas coa impresora 3D, lanzámonos a imprimir pezas que teñan unha utilidade para nos, como poden ser as pezas plasticas dos escornabots ou outras pequenas cousas como as figuras de nadal que usamos para estampar..
Estes dias estamos a dar un paso mais: o DESEÑO EN 3D. O noso primeiro obxectivo foi copiar unha peza dun puzzle de encaixe para poder reemplazar as que se perderon,


Primeiro observamola e medimos as suas dimensións

 Despois de rexistrarnos na web TINKERCAD, que nos permite deseñar pezas para impresión partindo de letras, numeros e figuras xeométricas, creamos un novo proxecto, composto por dous cilindros, cos que imitamos a peza.


Despois de colocalos e agrupalos para formar unha sola peza

Exportamos un arquivo con extensión .STL,

 que despois levamos ao programa CURA, co que podemos escalar as figuras a imprimir, e que nos xenera o arquivo coa extensión .GCODE, que é o que precisa a impresora 3D para elaborar a peza


Agora, so nos quedaba pasalo á tarxeta e imprimir a peza.


e esperar a que se remate




Lista para utilizarse!!


Aqui tedes un titorial moi clariño, animadevos a iniciarvos no deseño 3D!!