Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de septiembre de 2020

COMEZAMOS NOVO CURSO

Arrancamos o curso e o noso escornabot da aula azul xa chegou das vacacións disposto a coñecer aos novos alumnos que empezan este ano en tres anos. Non podía faltar a plantilla coas súas imaxes e as súas iniciais para facer dinámicas de presentación do alumnado ao tempo que introducimos as letras e así traballar o inicio da lectoescritura.

martes, 17 de marzo de 2020

#mesturarte: Monopoly escornabótico!

Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas... 

 Unha proposta para o proxecto #mesturarte.


miércoles, 12 de febrero de 2020

Canto miden os pasos do escornabot?

Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan. Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta. Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe. Así o fixeron:

lunes, 3 de febrero de 2020

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

jueves, 15 de noviembre de 2018

Taller Escornabótico: Cambio dun motor


O alumnado de 4 anos cambiou un motor avariado dun Escornabot.




Tamén rotularon a caixa onde metemos os Escornabots con algún tipo de "problema" ou avaría.

martes, 6 de noviembre de 2018

Beebot e Bluebot

No obradoiro TIC estivemos a lembrar as características de todos os robots que temos no centro e as súas diferenzas. Para poder medir os desplazamentos utilizamos as regletas e observamos as súas medidas, polo que as súas plantillas tamén son distintas.

Agora sí, podemos volver a traballar con eles!




miércoles, 17 de octubre de 2018

TinyTap: O bosque dos veciños

Xogo complementario á plantilla do escornabot, plantexado desde a aplicación Tinytap!

Descubride os sons dos animais que viven no bosque dos veciños


lunes, 8 de octubre de 2018

A aula laranxa coñece o Escornabot

Os pequenos da escola xa coñecen ao Escornabot. Estamos a probar os seus movementos pola plantilla das iniciais dos seus nomes.



Además no obradoiro TIC tamén xogamos coa pizarra dixital ao xogo do Lobo Matías, que nos achega a xogos relacionados coa lóxica-matemática. Se clicades na imaxe poderedes xogar na casa. 


viernes, 5 de octubre de 2018

Plantilla: Bosque dos veciños



 Nova plantilla sobre o proxecto #somosdemonte.




Asociamos os sons que fan os animais que viven no Bosque dos Veciños (Oleiros) coa súa imaxe. 


Os sons reproducimolo na aplicación Tinytap (nun equipo), e no outro utilizamos o dado co código de xogo.






jueves, 27 de septiembre de 2018

Plantilla "Cos pés na terra"

O noso escornabot anda de excursión polo #monte galego descubrindo árbores e os seus froitos. Aproveitamos as árbores que nomean na canción "Cos pés na terra" de Paco Nogueira para motivalos no xogo.



Para xogar, metemos as seguintes tarxetas nun saquiño, sacamos unha e relacionamos as letras ata atopar o seu froito.


lunes, 30 de abril de 2018

ESCORNABOT E RA

No Taller TIC estivemos a xogar cunha plantilla para o Escornabot con Realidade Aumentada, con vídeos explicativos do noso patrimonio realizados polo alumnado de 5 anos.


lunes, 16 de abril de 2018

APP PARA O ESCORNABOT

No Taller TIC estivemos a probar o manexo do Escornabot desde a TABLET. Temos que conectar o módulo BLUETOOTH na placa e descargar a app do GOOGLE PLAY.



Podedes descargar a APP aquí:

Resultado de imagen de GOOGLE PLAY ICONO

lunes, 9 de abril de 2018

sábado, 24 de marzo de 2018

ARDUINO

No Taller TIC estivemos a traballar co ARDUINO para facer que o Escornabot avance os mesmos centímetros que o BEEBOT.


Medimos o que avanza cada un.


Enchufamos o Escornabot ao ordenador, abrimos o ARDUINO e buscamos na programación onde aparece configurado o avance. 


Cunha axudiña das profes e da calculadora facemos unha regra de tres para transformar o valor do avance da programación orixinal (1738 =10 centímetros) a 15 cm, o que avanza o BEEBOT. Cambiamos este valor na programación e o cargamos no Escornabot.


jueves, 8 de febrero de 2018

CACHOLAbot



No Taller TIC cada aula deseñou unha carauta de porquiño para o Escornabot.


Unha vez realizados os deseños os pasamos polo SELVA3D para transformalos en arquivos de deseño 3D (.stl) e no TINKERCAD añadimos o volume.



Para rematar os abrimos no CURA para transformalos en arquivos de impresión 3D (.gcode) e os imprimimos.


Listos para xogar cos CACHOLAbots!



domingo, 4 de febrero de 2018

PERCORENDO GALICIA CO ESCORNABOT

No Taller TIC damos á Volta a Galicia co Escornabot xogando cun Mapa de Galicia como panel, un dado e tarxetas con comandos.
Partimos de Pastoriza, sacamos unha tarxeta cun comando, tiramos o dado e miramos a que lugar nos leva.


Polo Entroido disfrazamos ao Escornabot de Peliqueiro, Pantalla, Cigarrón...e o levamos ao lugar onde é típico ese personaxe.





sábado, 25 de noviembre de 2017

XOGANDO COS ROBOTS

Continuamos xogando e aprendendo cos robots do cole: BEEBOT, BLUEBOT e ESCONABOT

No Taller de 3 anos traballamos as formas xeométricas co Bluebot e os nosos nomes co Escornabot.



No de 4 anos xogamos cos nosos números de lista e o dodecaedro na recta numérica co Escornabot.



No Taller de 5 anos realizaron a medición dos avances dos robots coas regletas, traballando composición e descomposición de cantidades.