jueves, 26 de septiembre de 2013

XOGOS MARIÑOS DO PEIXE VERMELLO

Seguimos a practicar o movemento do rato, o clic, o dobre clic e o arrastre co peixe vermello.
Premede na imaxe e escollede o xogo: a cana de pescar, o crebacabezas ou a ruleta.

jueves, 19 de septiembre de 2013

VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS"

O pasado venres, a biblioBN regalounos unha poesía.
E esta semana deunos a posibilidade de rodar, no Taller TIC, o videoclip dese poema, "CANTOS RODADOS", musicado polo grupo MAMÁ CABRA.


Empregamos a técnica do STOPMOTION coa cámara fotográfica e mailo trípode.
Aquí tedes o resultado.


viernes, 13 de septiembre de 2013

TRABALLANDO CO RATO

Xogo co que practicamos o movemento do rato, o clic, dobre clic e arrastre.
Pechade as comportas que comezamos a... inmersión!!!