Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas...
Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan.
Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta.
Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe.
Así o fixeron:
Os pequenos da escola xa coñecen ao Escornabot. Estamos a probar os seus movementos pola plantilla das iniciais dos seus nomes.
Además no obradoiro TIC tamén xogamos coa pizarra dixital ao xogo do Lobo Matías, que nos achega a xogos relacionados coa lóxica-matemática. Se clicades na imaxe poderedes xogar na casa.