lunes, 26 de marzo de 2018

PAINT 3D

No Taller TIC achegámonos ao coñecemento do programa PAINT 3D no que podemos garabatear con volume, sen necesidade de pasar por outro programa e así crear unha imaxe 3D directamente.


sábado, 24 de marzo de 2018

ARDUINO

No Taller TIC estivemos a traballar co ARDUINO para facer que o Escornabot avance os mesmos centímetros que o BEEBOT.


Medimos o que avanza cada un.


Enchufamos o Escornabot ao ordenador, abrimos o ARDUINO e buscamos na programación onde aparece configurado o avance. 


Cunha axudiña das profes e da calculadora facemos unha regra de tres para transformar o valor do avance da programación orixinal (1738 =10 centímetros) a 15 cm, o que avanza o BEEBOT. Cambiamos este valor na programación e o cargamos no Escornabot.


jueves, 22 de marzo de 2018

PLANO INTERACTIVO DO HORTO BN

Empregando o THINGLINK andamos a crear un Plano Interactivo con vídeos explicativos do que temos prantado no noso horto.