Mostrando entradas con la etiqueta BLUE-BOT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BLUE-BOT. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de febrero de 2020

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

martes, 6 de noviembre de 2018

Beebot e Bluebot

No obradoiro TIC estivemos a lembrar as características de todos os robots que temos no centro e as súas diferenzas. Para poder medir os desplazamentos utilizamos as regletas e observamos as súas medidas, polo que as súas plantillas tamén son distintas.

Agora sí, podemos volver a traballar con eles!




sábado, 25 de noviembre de 2017

XOGANDO COS ROBOTS

Continuamos xogando e aprendendo cos robots do cole: BEEBOT, BLUEBOT e ESCONABOT

No Taller de 3 anos traballamos as formas xeométricas co Bluebot e os nosos nomes co Escornabot.



No de 4 anos xogamos cos nosos números de lista e o dodecaedro na recta numérica co Escornabot.



No Taller de 5 anos realizaron a medición dos avances dos robots coas regletas, traballando composición e descomposición de cantidades.


lunes, 12 de diciembre de 2016

NOVO HABITANTE NO BARRIO

COÑECEMOS AO NOVO MEMBRO DA FAMILIA  ROBÓTICA DE BARRIONOVO, O BLUEBOT, QUE PODEMOS DIRIXIR MEDIANTE TECNOLOXIA BLUETOOTH (SEN TOCARLLE FISICAMENTE) DENDE A APLICACIÓN DO IPAD 



COMEZAMOS CON UN TABOLEIRO IMITANDO AO DA PROPIA APLICACIÓN