Mostrando entradas con la etiqueta MARES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARES. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de junio de 2014

SORPRESAS FIN DE TRAVESÍA

Dende TicsBN preparamos dúas sorpresas para o festival FIN DE CURSO.

A BOA ONDA DE BARRIONOVO



TODOS SOMOS CAPITANES



Videoclip realizado polo alumnado de 5 anos coa música do álbum "A nena e o grilo nun barquiño" de MAGÍN BLANCO.

lunes, 19 de mayo de 2014

ReciclARTE TIC: RESIDUOS DAS PRAIAS

Estos son os resultados do traballo co escáner e os residuos recollidos nas praias.

AULA 3 ANOS


AULA 4 ANOS


viernes, 25 de abril de 2014

ReciclARTE TIC

No Taller TIC estamos aproveitando os residuos recollidos nas praias polas familias no "COLLE 3", e transformándoos en RecicARTE coa axuda do escáner.





Estos son os resultados.




domingo, 16 de marzo de 2014

VIDEOCLIP "MARIA MANUELA"

No Taller TIC desta semana reproducimos, na Pizarra Dixital, o cadro "AS MARISCADORAS" de Luis Seoane, empregando a técnica STOPMOTION.


Diante deste cadro, nas POÉTICAS NO MUSEO, as nosas mulleres nos leron o poema "MARIA MANUELA" musicado por MAMÁ CABRA.


Co proceso colaborativo da recreación deste cadro, creamos o videoclip desta fermosa canción.


sábado, 8 de marzo de 2014

CROMAS PARA O REFRANEIRO MARIÑEIRO

Este curso estamos a empregar algunhas sesións do Taller TIC para a gravación dos vídeos do REFRANEIRO MARIÑEIRO, que aprendemos no Taller de Linguaxe Oral.


Traballamos coa técnica do CROMA, para poder despois eliminar a cor azul do fondo e aparecer diante das ilustracións dos refráns.




E este é o resultado.

miércoles, 12 de febrero de 2014

TESELADO DE ESCHER

No Taller TIC estamos compoñendo o teselado de ESCHER, coas figuras traballadas nas aulas, empregando a técnica do STOPMOTION.
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".





domingo, 26 de enero de 2014

ODISEA ÚLTIMA

Fermoso video creado mediante STOPMOTION, polo alumnado do IES AS BARXAS (Moaña), que nós tomamos prestado para aprender máis sobre esta técnica que nos apasiona e tamén como inspiración para os nosos próximos audiovisuais.


Video tutorial onde os alumnos de secundaria explican como facer unha animación STOPMOTION.

martes, 21 de enero de 2014

MAR PAZífico

Aquí tedes un adianto do que veredes o 30 de xaneiro.
A marea de xente de Barrionovo formando un Mar PAZífico.

lunes, 20 de enero de 2014

SOMOS ONDAS QUE FAN MARES

A marea de xente de Barrionovo está preparando unha sorpresa para o noso festival PAZífico do día 30 de xaneiro.



Máis información na biblioBN.

lunes, 23 de diciembre de 2013

VIDEOCLIP NADAL 2013



Videoclip filmado mediante a técnica do CROMA, no que empregamos barquiños de papel aportados polas familias, que tamén serviron para a decoración e a postal de NADAL do cole.


jueves, 12 de diciembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

IMOS Á LONXA

Está próxima a nosa visita á LONXA, así que imos practicando con este xogo de MAREMÁTICAS.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303199343/contido/marematicas/media/In.swf

Unha vez na pantalla principal, para xogar na lonxa, facede clic onde vos indica a frecha da imaxe superior.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1303199343/contido/marematicas/media/In.swf

Unha vez na lonxa tirade da palanca da máquina, estade atentos ao número que vos din e marcade a etiqueta que vos indican.

Xogo extraído do REPOSITORIO ABALAR.
 

jueves, 26 de septiembre de 2013

XOGOS MARIÑOS DO PEIXE VERMELLO

Seguimos a practicar o movemento do rato, o clic, o dobre clic e o arrastre co peixe vermello.
Premede na imaxe e escollede o xogo: a cana de pescar, o crebacabezas ou a ruleta.

jueves, 19 de septiembre de 2013

VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS"

O pasado venres, a biblioBN regalounos unha poesía.
E esta semana deunos a posibilidade de rodar, no Taller TIC, o videoclip dese poema, "CANTOS RODADOS", musicado polo grupo MAMÁ CABRA.


Empregamos a técnica do STOPMOTION coa cámara fotográfica e mailo trípode.
Aquí tedes o resultado.