Mostrando entradas con la etiqueta ELABORACIÓN PROPIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ELABORACIÓN PROPIA. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de noviembre de 2017

XOGO DOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

O alumnado de 4 anos elaborou este xogo para conmemorar o Día da Música empregando o Ipad e a App "TinyTap".


Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



viernes, 20 de noviembre de 2015

DI NON E PUNTO


As nenas e os nenos da EEI Barrionovo dicimos NON! á Violencia de Xénero con este audiovisual, realizado no Taller TIC co IPAD e a MESA DE LUZ.



martes, 11 de noviembre de 2014

XOGO DOS NOMES DE 3 ANOS

Actividade LIM elaborada por Aida para traballar e xogar no Taller de Linguaxe Oral e no Taller Tic da aula de 3 anos.

lunes, 16 de junio de 2014

SORPRESAS FIN DE TRAVESÍA

Dende TicsBN preparamos dúas sorpresas para o festival FIN DE CURSO.

A BOA ONDA DE BARRIONOVO



TODOS SOMOS CAPITANES



Videoclip realizado polo alumnado de 5 anos coa música do álbum "A nena e o grilo nun barquiño" de MAGÍN BLANCO.

miércoles, 23 de abril de 2014

lunes, 31 de marzo de 2014

DÍA DO LIBRO

No Taller TIC estamos a preparar un videoclip para festexar o DÍA DO LIBRO INFANTIL, o vindeiro mércores 2 de abril.
Desta vez escollemos o tema "O LIBRO", do libro-CD "TIC TAC" de PABLO DÍAZ, editado por Kalandraka.

Para a imaxe do videoclip tomamos fotografías dos nosos compañeiros, acompañados de libros, na biblioBN.




domingo, 23 de marzo de 2014

CREANDO COMICS ONLINE

Neste trimestre a biblioBN propúxonos traballar o xénero literario do CÓMIC.
Dende o Taller TIC, empregamos as TICs para a creación de cómics coa axuda de 3 programas online.



Na aula de 3 ANOS traballamos co CHOGGER, programa que permite crear tiras cómicas de unha ou varias viñetas e empregar imaxes inportadas ou ben facer as nosas propias ilustracións.



O resultado:


Na aula de 4 ANOS traballamos co DVOLVER MOVIEMAKER, programa que permite crear historias sinxelas animadas empregando os recursos e ilustracións propias do programa.



O resultado:


Na aula de 5 ANOS traballamos co POWTOON, programa que permite crear presentacións e vídeos animados empregando os variados recursos que ofrece.




O resultado:

domingo, 16 de marzo de 2014

VIDEOCLIP "MARIA MANUELA"

No Taller TIC desta semana reproducimos, na Pizarra Dixital, o cadro "AS MARISCADORAS" de Luis Seoane, empregando a técnica STOPMOTION.


Diante deste cadro, nas POÉTICAS NO MUSEO, as nosas mulleres nos leron o poema "MARIA MANUELA" musicado por MAMÁ CABRA.


Co proceso colaborativo da recreación deste cadro, creamos o videoclip desta fermosa canción.


sábado, 8 de marzo de 2014

CROMAS PARA O REFRANEIRO MARIÑEIRO

Este curso estamos a empregar algunhas sesións do Taller TIC para a gravación dos vídeos do REFRANEIRO MARIÑEIRO, que aprendemos no Taller de Linguaxe Oral.


Traballamos coa técnica do CROMA, para poder despois eliminar a cor azul do fondo e aparecer diante das ilustracións dos refráns.




E este é o resultado.

miércoles, 12 de febrero de 2014

TESELADO DE ESCHER

No Taller TIC estamos compoñendo o teselado de ESCHER, coas figuras traballadas nas aulas, empregando a técnica do STOPMOTION.
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".





martes, 21 de enero de 2014

MAR PAZífico

Aquí tedes un adianto do que veredes o 30 de xaneiro.
A marea de xente de Barrionovo formando un Mar PAZífico.

lunes, 20 de enero de 2014

SOMOS ONDAS QUE FAN MARES

A marea de xente de Barrionovo está preparando unha sorpresa para o noso festival PAZífico do día 30 de xaneiro.



Máis información na biblioBN.

viernes, 17 de enero de 2014

HORTO QR

Durante o primeiro trimestre, estivemos destinando algunhas das sesións do Taller TIC á creación de páxinas web (empregando GOOGLE SITES) dalgunhas das especies do noso horto. 
Nestas páxinas insertamos debuxos e fotografías realizadas por nós, xunto con información relativa ao cultivo.




O proceso de creación destas páxinas é longo e costoso, xa que teñen que debuxar, tomar fotografías, empregar internet para atopar os nomes científicos das especies, as súas características, enlaces interesantes... Procesar toda esta información, sintetizala, e despois plasmala mediante a escritura.


Neste trimestre crearemos un código QR para cada páxina finalizada: a das fresas e a das cenorias, e así, o HORTO QR irá tomando forma.

lunes, 23 de diciembre de 2013

VIDEOCLIP NADAL 2013



Videoclip filmado mediante a técnica do CROMA, no que empregamos barquiños de papel aportados polas familias, que tamén serviron para a decoración e a postal de NADAL do cole.


jueves, 19 de septiembre de 2013

VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS"

O pasado venres, a biblioBN regalounos unha poesía.
E esta semana deunos a posibilidade de rodar, no Taller TIC, o videoclip dese poema, "CANTOS RODADOS", musicado polo grupo MAMÁ CABRA.


Empregamos a técnica do STOPMOTION coa cámara fotográfica e mailo trípode.
Aquí tedes o resultado.