viernes, 17 de enero de 2014

HORTO QR

Durante o primeiro trimestre, estivemos destinando algunhas das sesións do Taller TIC á creación de páxinas web (empregando GOOGLE SITES) dalgunhas das especies do noso horto. 
Nestas páxinas insertamos debuxos e fotografías realizadas por nós, xunto con información relativa ao cultivo.




O proceso de creación destas páxinas é longo e costoso, xa que teñen que debuxar, tomar fotografías, empregar internet para atopar os nomes científicos das especies, as súas características, enlaces interesantes... Procesar toda esta información, sintetizala, e despois plasmala mediante a escritura.


Neste trimestre crearemos un código QR para cada páxina finalizada: a das fresas e a das cenorias, e así, o HORTO QR irá tomando forma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario