miércoles, 12 de febrero de 2020

Canto miden os pasos do escornabot?

Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan. Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta. Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe. Así o fixeron:

lunes, 3 de febrero de 2020

Expoñemos a información sobre o proxecto

Nesta viaxe polo mundo hai moito que aprender. Para que non se nos olvide e o podamos compartir co resto das aulas estamos a elaborar un croma con toda a información que están a aprender. Así o facemos no obradoiro TIC. En breve poderemos ver os vídeos rematados! Estade atentos e atentas!

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.