domingo, 29 de marzo de 2020

#quedanacasa: RECURSOS ONLINE

Son moitas as editoriais que están a contactar cos centros para ofrecer os recursos mentres #Quedamosnacasa. Edelvives pon a disposición das familias e profesorado os seguintes recursos ONLINE


1. Por unha banda unha serie de materiais que só se poden usar desde o PC, para acceder a eles:








2. APPs ás que se podera ter acceso a través de tablet, ipad ou móbiles:




IMPRESIÓN 3D: MATERIAL DE URXENCIA SANITARIA

A impresora 3D é un dos recursos TIC que máis usamos na nosa escola desde que se adquiriu a través do proxecto Arteixo Innovación.

Tal e como require a situación actual que estamos a vivir, non tiña sentido que estivese parada esperando á chegada dos nenos e nenas, por iso todo o claustro estivemos de acordo en cedela para que mentres a escola estea pechada, se poida sacar o máximo partido dela.

Por iso estamos a colaborar co Laboratorio de fabricación dixital da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) na realización de viseiras 3D no proxecto colaborativo coronavirusmakers.org de protección para o persoal sanitario. Ademais unha das nosas mestras está facendo viseiras a man con todo o acetato para que o nosos sanitarios poidan levar a cabo o seu traballo protexidos durante esta crise sanitaria.

Algunhas das viseiras xa están sendo utilizadas, e desde aquí queremos enviar forzas e dar as grazas a todo o colectivo sanitario por o intenso traballo destes días.
    





miércoles, 18 de marzo de 2020

Croma: Videoclip Feminist Baby

O 8 de Marzo, tivemos unha xornada especial no que cantamos o conto "Feminist baby" nunha actividade conxunta entre a profe de inglés e a de música. Posteriormente os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. elaboraron este cromo coas imaxes do conto como escenario.


Feminist baby from biblio BN on Vimeo.

martes, 17 de marzo de 2020

Doodle 3d: Rañaceos

Preparamos os nosos rañaceos coa app Doodle 3D. Para debuxalos seleccionamos a opción de "liña recta".



#mesturarte: Monopoly escornabótico!

Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas... 

 Unha proposta para o proxecto #mesturarte.