domingo, 10 de mayo de 2020

Realidade aumentada

COIDADO INDIOS E INDIAS! 


Son moitos os animais que nestes días de confinamento andan ás súas anchas polas estradas!

 Para máis info, clica na imaxeOs animais de Norte América tamén...e algún chegou ata Pastoriza!

Como os podes descubrir??? desde Aulas Galegas explícannos como poder facelo. Só necesitas o móbil e conexión a internet 

Probamos? 

Na imaxe podes ver os pasos a seguir.


*De momento o catálogo de animais que nos ofrece Google non é demasiado amplo, pero si que podes ver xa tigres, leopardos, leóns, quenllas, ourizos, patos, pingüíns, lobos, cabras, serpes, aguias, osos, cabalos, ponis, tartarugas, gatos, polbos ou osos panda.



CAL ATOPACHES DE NORTE AMÉRICA! SACA UNHA FOTO CON EL E ENVÍANOLA AO MAIL DA AULA!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario