Despois de facer as primeiras probas coa impresora 3D, lanzámonos a imprimir pezas que teñan unha utilidade para nos, como poden ser as pezas plasticas dos escornabots ou outras pequenas cousas como as figuras de nadal que usamos para estampar..
Estes dias estamos a dar un paso mais: o DESEÑO EN 3D. O noso primeiro obxectivo foi copiar unha peza dun puzzle de encaixe para poder reemplazar as que se perderon,
Primeiro observamola e medimos as suas dimensións
Despois de rexistrarnos na web TINKERCAD, que nos permite deseñar pezas para impresión partindo de letras, numeros e figuras xeométricas, creamos un novo proxecto, composto por dous cilindros, cos que imitamos a peza.
Despois de colocalos e agrupalos para formar unha sola peza
Exportamos un arquivo con extensión .STL,
que despois levamos ao programa CURA, co que podemos escalar as figuras a imprimir, e que nos xenera o arquivo coa extensión .GCODE, que é o que precisa a impresora 3D para elaborar a peza
Agora, so nos quedaba pasalo á tarxeta e imprimir a peza.
e esperar a que se remate
No hay comentarios:
Publicar un comentario