Selección de xogos de ticsBN para o Nadal.
jueves, 18 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
martes, 11 de noviembre de 2014
XOGO DOS NOMES DE 3 ANOS
Actividade LIM elaborada por Aida para traballar e xogar no Taller de Linguaxe Oral e no Taller Tic da aula de 3 anos.
martes, 4 de noviembre de 2014
lunes, 29 de septiembre de 2014
martes, 23 de septiembre de 2014
lunes, 16 de junio de 2014
SORPRESAS FIN DE TRAVESÍA
Dende TicsBN preparamos dúas sorpresas para o festival FIN DE CURSO.
A BOA ONDA DE BARRIONOVO
TODOS SOMOS CAPITANES
Videoclip realizado polo alumnado de 5 anos coa música do álbum "A nena e o grilo nun barquiño" de MAGÍN BLANCO.
A BOA ONDA DE BARRIONOVO
TODOS SOMOS CAPITANES
Videoclip realizado polo alumnado de 5 anos coa música do álbum "A nena e o grilo nun barquiño" de MAGÍN BLANCO.
martes, 10 de junio de 2014
LIBRO DOS NOMES CON REALIDADE AUMENTADA
No Taller TIC de 3 anos xogamos co LIBRO DOS NOMES con REALIDADE AUMENTADA.
Xogamos a identificar os nomes dos compañeiros e a comprobar no iPAD se acertamos.
Esta actividade foi elaborada co AURASMA que nos permite crear REALIDADE AUMENTADA.
Xogamos a identificar os nomes dos compañeiros e a comprobar no iPAD se acertamos.
Esta actividade foi elaborada co AURASMA que nos permite crear REALIDADE AUMENTADA.
lunes, 19 de mayo de 2014
ReciclARTE TIC: RESIDUOS DAS PRAIAS
Estos son os resultados do traballo co escáner e os residuos recollidos nas praias.
AULA 3 ANOS
AULA 4 ANOS
AULA 3 ANOS
Powered by
Issuu
Publish for Free
AULA 4 ANOS
Powered by
Issuu
Publish for Free
viernes, 25 de abril de 2014
ReciclARTE TIC
No Taller TIC estamos aproveitando os residuos recollidos nas praias polas familias no "COLLE 3", e transformándoos en RecicARTE coa axuda do escáner.
Estos son os resultados.
Estos son os resultados.
miércoles, 23 de abril de 2014
FLASHMOB DÍA DO LIBRO
martes, 22 de abril de 2014
miércoles, 2 de abril de 2014
lunes, 31 de marzo de 2014
DÍA DO LIBRO
No Taller TIC estamos a preparar un videoclip para festexar o DÍA DO LIBRO INFANTIL, o vindeiro mércores 2 de abril.
Desta vez escollemos o tema "O LIBRO", do libro-CD "TIC TAC" de PABLO DÍAZ, editado por Kalandraka.
Desta vez escollemos o tema "O LIBRO", do libro-CD "TIC TAC" de PABLO DÍAZ, editado por Kalandraka.
Para a imaxe do videoclip tomamos fotografías dos nosos compañeiros, acompañados de libros, na biblioBN.

domingo, 23 de marzo de 2014
CREANDO COMICS ONLINE
Neste trimestre a biblioBN propúxonos traballar o xénero literario do CÓMIC.
Dende o Taller TIC, empregamos as TICs para a creación de cómics coa axuda de 3 programas online.
Na aula de 3 ANOS traballamos co CHOGGER, programa que permite crear tiras cómicas de unha ou varias viñetas e empregar imaxes inportadas ou ben facer as nosas propias ilustracións.
Na aula de 4 ANOS traballamos co DVOLVER MOVIEMAKER, programa que permite crear historias sinxelas animadas empregando os recursos e ilustracións propias do programa.
O resultado:

Na aula de 5 ANOS traballamos co POWTOON, programa que permite crear presentacións e vídeos animados empregando os variados recursos que ofrece.
lunes, 17 de marzo de 2014
domingo, 16 de marzo de 2014
VIDEOCLIP "MARIA MANUELA"
No Taller TIC desta semana reproducimos, na Pizarra Dixital, o cadro "AS MARISCADORAS" de Luis Seoane, empregando a técnica STOPMOTION.
Diante deste cadro, nas POÉTICAS NO MUSEO, as nosas mulleres nos leron o poema "MARIA MANUELA" musicado por MAMÁ CABRA.
Co proceso colaborativo da recreación deste cadro, creamos o videoclip desta fermosa canción.

sábado, 8 de marzo de 2014
CROMAS PARA O REFRANEIRO MARIÑEIRO
Este curso estamos a empregar algunhas sesións do Taller TIC para a gravación dos vídeos do REFRANEIRO MARIÑEIRO, que aprendemos no Taller de Linguaxe Oral.
Traballamos coa técnica do CROMA, para poder despois eliminar a cor azul do fondo e aparecer diante das ilustracións dos refráns.
E este é o resultado.
Traballamos coa técnica do CROMA, para poder despois eliminar a cor azul do fondo e aparecer diante das ilustracións dos refráns.
E este é o resultado.
sábado, 22 de febrero de 2014
BEEBOT
No Taller Tic desta semana coñecimos a nova adquisición do noso centro, un ROBOT chamado BEEBOT.
Unha abella á que lle damos ordes para que se desplace mediante a pulsación das teclas que ten nas súas costas.
Unha vez aprendimos o seu funcionamento, xogamos no tapete cuadriculado a levar o BEEBOT ata unha meta.
Canto nos fixo pensar!!!
E que bo rato pasamos!!!

sábado, 15 de febrero de 2014
miércoles, 12 de febrero de 2014
TESELADO DE ESCHER
No Taller TIC estamos compoñendo o teselado de ESCHER, coas figuras traballadas nas aulas, empregando a técnica do STOPMOTION.
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".
domingo, 26 de enero de 2014
ODISEA ÚLTIMA
Fermoso video creado mediante STOPMOTION, polo alumnado do IES AS BARXAS (Moaña), que nós tomamos prestado para aprender máis sobre esta técnica que nos apasiona e tamén como inspiración para os nosos próximos audiovisuais.
Video tutorial onde os alumnos de secundaria explican como facer unha animación STOPMOTION.
Video tutorial onde os alumnos de secundaria explican como facer unha animación STOPMOTION.
viernes, 24 de enero de 2014
jueves, 23 de enero de 2014
CREANDO CÓDIGOS QR
Unha vez finalizadas as páxinas web das fresas e das cenorias pasamos a crear un QR para cada un dos SITES.
Empregando un dos moitos programas online para este fin, pegamos onde nos indica a dirección web do noso SITE, e o programa crea un QR que xa podemos gardar ou imprimir.
O último paso é comprobar que o QR nos leva á páxina web que queremos, así que o comprobamos na TABLET coa axuda dun programa lector destos códigos, o QR DROID.

martes, 21 de enero de 2014
MAR PAZífico
Aquí tedes un adianto do que veredes o 30 de xaneiro.
A marea de xente de Barrionovo formando un Mar PAZífico.
A marea de xente de Barrionovo formando un Mar PAZífico.
lunes, 20 de enero de 2014
SOMOS ONDAS QUE FAN MARES
A marea de xente de Barrionovo está preparando unha sorpresa para o noso festival PAZífico do día 30 de xaneiro.
Máis información na biblioBN.
Máis información na biblioBN.
viernes, 17 de enero de 2014
HORTO QR
Durante o primeiro trimestre, estivemos destinando algunhas das sesións do Taller TIC á creación de páxinas web (empregando GOOGLE SITES) dalgunhas das especies do noso horto.
Nestas páxinas insertamos debuxos e fotografías realizadas por nós, xunto con información relativa ao cultivo.
O proceso de creación destas páxinas é longo e costoso, xa que teñen que debuxar, tomar fotografías, empregar internet para atopar os nomes científicos das especies, as súas características, enlaces interesantes... Procesar toda esta información, sintetizala, e despois plasmala mediante a escritura.
Neste trimestre crearemos un código QR para cada páxina finalizada: a das fresas e a das cenorias, e así, o HORTO QR irá tomando forma.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)