sábado, 16 de marzo de 2013

martes, 12 de marzo de 2013

INCREDIMAIL

Para xestionar os nosos correos de aula instalamos o IncrediMail.
Un programa gratuito que se pode descargar no ordenador e vinculalo a calquera conta de correo.
Se queredes descargalo na casa pinchade na imaxe e seguide os pasos que vos indican.
 

Proporciona un entorno moi intuitivo e visual e miles de imaxes, animacións e fondos para os mails.
Tamén podedes elexir un notificador, un personaxe animado especial, que aparecerá cada vez que vos chegue un correo.

miércoles, 20 de febrero de 2013

MÁIS SELOS PREHISTÓRICOS

Actividade tipo TUXPAINT na que temos que colocar selos en cada etapa da Prehistoria.
Escollemos o NIVEL 1, a partires de 3 anos.

martes, 5 de febrero de 2013

DISFRAZANDO Á PREHISTORIA

Coa axuda do TUXPAINT. Un programa de pintura creativa, artística e interactiva.

  
Empregando a ferramenta dos selos podemos, dunha forma rápida, sinxela e moi divertida, disfrazar a alguén da Prehistoria.
No Entroido todo está permitido!


 
Se queredes podedes descargar o TUXPAINT para xogar na casa aquí
Trátase dun programa gratuito que trae por defecto unha galería de imaxes diversas pero se queredes traballar con imaxes personalizadas (como é o caso dos prehistóricos) neste enlace vos explican como facelo.


miércoles, 30 de enero de 2013

PAZLABRAS MENUDAS, MENUDAS PAZLABRAS!

Festexamos o Día da Paz coas nosas PAZlabras.



Audiovisual realizado coas fotografías, tomadas polos nenos e nenas, das súas propias composicións e as súas voces gravadas co programa Audacity.

lunes, 21 de enero de 2013

FOTOGRAFANDO PAZLABRAS


No Taller TIC estamos preparando unha sorpresa ARTística e moi PAZífica para o día 30 de xaneiro.