O 8 de Marzo, tivemos unha xornada especial no que cantamos o conto "Feminist baby" nunha actividade conxunta entre a profe de inglés e a de música. Posteriormente os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. elaboraron este cromo coas imaxes do conto como escenario.
Feminist baby from biblio BN on Vimeo.
miércoles, 18 de marzo de 2020
martes, 17 de marzo de 2020
Doodle 3d: Rañaceos
Preparamos os nosos rañaceos coa app Doodle 3D. Para debuxalos seleccionamos a opción de "liña recta".
#mesturarte: Monopoly escornabótico!
Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas...
Unha proposta para o proxecto #mesturarte.
viernes, 14 de febrero de 2020
#mesturArte: Croma primeiras paradas.
Papúa, Nova Guinea.
Casa da árbore from biblio BN on Vimeo.
Aldea MasaiAldea Masai from biblio BN on Vimeo.
Exipto:miércoles, 12 de febrero de 2020
Canto miden os pasos do escornabot?
Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan.
Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta.
Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe.
Así o fixeron:
lunes, 3 de febrero de 2020
Expoñemos a información sobre o proxecto
Nesta viaxe polo mundo hai moito que aprender. Para que non se nos olvide e o podamos compartir co resto das aulas estamos a elaborar un croma con toda a información que están a aprender.
Así o facemos no obradoiro TIC.
En breve poderemos ver os vídeos rematados! Estade atentos e atentas!
Robots na gran cidade
Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos.
O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


