martes, 17 de marzo de 2020

#mesturarte: Monopoly escornabótico!

Aprendizaxe globalizado: Traballamos a robótica, a orientación espacial, vocabulario do proxecto, tipos de vivendas, numeración, descomposición númerica, ´xogo en grupo, respecto de quendas e normas... 

 Unha proposta para o proxecto #mesturarte.


miércoles, 12 de febrero de 2020

Canto miden os pasos do escornabot?

Estes días estamos a traballar cos robots sen o taboleiro, construíndo os nenos e nenas o percorrido que queren que fagan. Na sesión anterior, o calculo da cantidade de pasos fixerono de xeito estimado, levándoos a cabo por ensaio-erro ata que conseguían que chegara á meta. Desta volta, tiveron que medir canto avanza tendo un obxecto de referencia e así calcular todos os movementos, para que unha vez introducido o código correcto, o escornabot chegase ao seu destino dunha única viaxe. Así o fixeron:

lunes, 3 de febrero de 2020

Expoñemos a información sobre o proxecto

Nesta viaxe polo mundo hai moito que aprender. Para que non se nos olvide e o podamos compartir co resto das aulas estamos a elaborar un croma con toda a información que están a aprender. Así o facemos no obradoiro TIC. En breve poderemos ver os vídeos rematados! Estade atentos e atentas!

Robots na gran cidade

Esta semana no espazo Fedelleiro os robots invadiron una gran cidade chea de rañaceos. O alumnado tivo que deseñar o camiño para chegar aos altos edificios e logo guiar aos diferentes robots ata o seu destino.

miércoles, 22 de enero de 2020

Exipto en STOPMOTION

Na aula azul xa están rematando a súa viaxe por Exipto, onde coñeceron cultura, música, animais, xeografía, tradicións e arquitectura. O alumnado decidiu plasmar nunha maqueta todo o aprendido con distintos materiais: da natureza, de refugallom, impresión 3D... 

Na sesión de TIC de esta mañana elaboraron este STOP MOTION!







Exipto-Stopmotion from biblio BN on Vimeo.

Coñecemos o OZOBOT

Un novo robot chegou a escola, Ozobot, ou BIT para os amigos. É un robor "sigueliñas" e nas primeiras sesións estamos a coñecer as súas posibilidades e movementos según os códigos de cor. 





Conocemos Ozobot from biblio BN on Vimeo.




As tarxetas cos movementos ilustrados foron descargados da seguinte web (clicando accederedes).