miércoles, 22 de enero de 2020

Coñecemos o OZOBOT

Un novo robot chegou a escola, Ozobot, ou BIT para os amigos. É un robor "sigueliñas" e nas primeiras sesións estamos a coñecer as súas posibilidades e movementos según os códigos de cor. 





Conocemos Ozobot from biblio BN on Vimeo.




As tarxetas cos movementos ilustrados foron descargados da seguinte web (clicando accederedes).


miércoles, 11 de diciembre de 2019

Luz Negra

Ás veces no Espazo Fedelleiro en vez de xogar coas novas tecnoloxías, collemos papel e pincéis, apagamos as luces e pasa isto...









lunes, 9 de diciembre de 2019

Exipto 3D

Na viaxe a Exipto da aula azul, andan a traballar cos xeroglíficos das pirámides, e no recuncho da aula non podía faltar un "mini mundo" desta parte do mundo. Coa impresora 3D construiron os seus nomes e imprimimos pirámides, sarcófagos, a Nefertiti que atopamos na páxina de Thingiverse e como non, o abecedario!



 

domingo, 24 de noviembre de 2019

INCREDIBOX


Xogade cos ritmos e animádevos a compoñer coas distintas posibilidades que ofrece esta APP, nós na aula de música xa empezamos!













Incredibox from biblio BN on Vimeo.

martes, 19 de noviembre de 2019

TinyTap #mesturArte

Coñecemos as culturas dos distintos lugares do mundo a través da súa música.

Partimos do noso contexto, Galicia, para viaxar de contado ata África!


Pero primeiro...¿en que medio de transporte viaxamos? Xogamos a recoñecer sons!!

 


 E agora sí, comeza a viaxe...


 

Iniciais en 3D

Un ano máis o alumnado de 3 anos toma o seu primeiro contacto coa impresora 3D facendo as súas inicias.



martes, 29 de octubre de 2019

Xogamos co croma en Green Screen

Na escola non é a primeira vez que os nenos e nenas experimentan co croma, pero desta volta o que queremos é que eles de maneira espótanea se familiaricen con esta aplicación e poidan crear de xeito autónomo e espontáneo incluíndoo como un xogo máis dentro da  aula.




O seguinte video é unha primeira toma de contacto explorando as posibilidades que nos dá a aplicación. 





Xogamos co croma from biblio BN on Vimeo.