martes, 19 de noviembre de 2019
martes, 29 de octubre de 2019
Xogamos co croma en Green Screen
Na escola non é a primeira vez que os nenos e nenas experimentan co croma, pero desta volta o que queremos é que eles de maneira espótanea se familiaricen con esta aplicación e poidan crear de xeito autónomo e espontáneo incluíndoo como un xogo máis dentro da aula.
O seguinte video é unha primeira toma de contacto explorando as posibilidades que nos dá a aplicación.
Xogamos co croma from biblio BN on Vimeo.
miércoles, 19 de diciembre de 2018
HP Reveal (Aurasma): O libro dos nomes
Coa aplicacón HP Reveal, gravamos un aurasma para dar realidade aumentada ao libro dos nomes da aula de 3 anos.
Un xeito de dinamizar os contidos da aula a través das TIC. Para comprobar a quen pertence o nome só deberán pasar o lector da aplicación e o protagonista explicará que é.
Un xeito de dinamizar os contidos da aula a través das TIC. Para comprobar a quen pertence o nome só deberán pasar o lector da aplicación e o protagonista explicará que é.
Clica na imaxe
domingo, 16 de diciembre de 2018
Música e Tic
Estamos a preparar un recompilatorio musical para dar por finalizado este primeiro trimestre e recoller as cancións que traballamos na aula de música.
Un chaveiro interactivo cos enlaces as cantigas que os nenos e nenas interpretan.
Coa impresora 3D e a través da plataforma Thingiverse atopamos un chaveiro de Clave de Sol (a protagonista das sesións) e na web de "Unitag" creamos os códigos QR.
A inicial en 3D
Os nenos e nenas de 3 anos están a traballar a iniciación a lectoescritura a partir do seu propio nome, e foi por iso que aproveitamos a imprimir na impresora 3D cadansúa inicial!
jueves, 13 de diciembre de 2018
Minimundo co Doddle 3D
Estes días no taller TIC estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D.
É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran.
E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...
Así pouco a pouco iremos deseñando o noso "Minimundo" #somosdemonte que formará parte do noso Espazo Fedelleiro.
ThingLink: #somosdemonte
Neste ThingLink estamos a recompilar toda a información que os nenos e nenas da escola están a aprender nas aulas sobre os montes galegos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

