Os nenos e nenas de 3 anos están a traballar a iniciación a lectoescritura a partir do seu propio nome, e foi por iso que aproveitamos a imprimir na impresora 3D cadansúa inicial!
domingo, 16 de diciembre de 2018
jueves, 13 de diciembre de 2018
Minimundo co Doddle 3D
Estes días no taller TIC estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D.
É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran.
E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...
Así pouco a pouco iremos deseñando o noso "Minimundo" #somosdemonte que formará parte do noso Espazo Fedelleiro.
ThingLink: #somosdemonte
Neste ThingLink estamos a recompilar toda a información que os nenos e nenas da escola están a aprender nas aulas sobre os montes galegos.
miércoles, 28 de noviembre de 2018
jueves, 15 de noviembre de 2018
Taller Escornabótico: Cambio dun motor
O alumnado de 4 anos cambiou un motor avariado dun Escornabot.
Tamén rotularon a caixa onde metemos os Escornabots con algún tipo de "problema" ou avaría.
martes, 6 de noviembre de 2018
TinyTap: Monstro Orquestra
Novo xogo no TinyTap sobre a actividade levada a cabo na aula de música durante a semana de Samaín.
Beebot e Bluebot
No obradoiro TIC estivemos a lembrar as características de todos os robots que temos no centro e as súas diferenzas. Para poder medir os desplazamentos utilizamos as regletas e observamos as súas medidas, polo que as súas plantillas tamén son distintas.
Agora sí, podemos volver a traballar con eles!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

