jueves, 13 de diciembre de 2018

Minimundo co Doddle 3D

Estes días no taller TIC estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D. 

É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran. E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...

Así pouco a pouco iremos deseñando o noso "Minimundo" #somosdemonte que formará parte do noso Espazo Fedelleiro.









ThingLink: #somosdemonte

Neste ThingLink estamos a recompilar toda a información que os nenos e nenas da escola están a aprender nas aulas sobre os montes galegos.


jueves, 15 de noviembre de 2018

Taller Escornabótico: Cambio dun motor


O alumnado de 4 anos cambiou un motor avariado dun Escornabot.




Tamén rotularon a caixa onde metemos os Escornabots con algún tipo de "problema" ou avaría.

martes, 6 de noviembre de 2018

TinyTap: Monstro Orquestra

Novo xogo no TinyTap sobre a actividade levada a cabo na aula de música durante a semana de Samaín.


Beebot e Bluebot

No obradoiro TIC estivemos a lembrar as características de todos os robots que temos no centro e as súas diferenzas. Para poder medir os desplazamentos utilizamos as regletas e observamos as súas medidas, polo que as súas plantillas tamén son distintas.

Agora sí, podemos volver a traballar con eles!




miércoles, 17 de octubre de 2018

TinyTap: O bosque dos veciños

Xogo complementario á plantilla do escornabot, plantexado desde a aplicación Tinytap!

Descubride os sons dos animais que viven no bosque dos veciños