lunes, 9 de abril de 2018
CAMBIANDO O XIRO DO ESCORNABOT
Empregando o ARDUINO cambiamos o xiro o Escornabot de 90 a 60 graos para poder empregalo en novos paneis de xogo.
lunes, 2 de abril de 2018
RETROPROXECTOR
No Espazo Fedelleiro estivemos a empregar o Retroproxector para facer actividades artísticas e sensoriais con materiais translúcidos.
lunes, 26 de marzo de 2018
PAINT 3D
No Taller TIC achegámonos ao coñecemento do programa PAINT 3D no que podemos garabatear con volume, sen necesidade de pasar por outro programa e así crear unha imaxe 3D directamente.
sábado, 24 de marzo de 2018
ARDUINO
No Taller TIC estivemos a traballar co ARDUINO para facer que o Escornabot avance os mesmos centímetros que o BEEBOT.
Medimos o que avanza cada un.
Enchufamos o Escornabot ao ordenador, abrimos o ARDUINO e buscamos na programación onde aparece configurado o avance.
Cunha axudiña das profes e da calculadora facemos unha regra de tres para transformar o valor do avance da programación orixinal (1738 =10 centímetros) a 15 cm, o que avanza o BEEBOT. Cambiamos este valor na programación e o cargamos no Escornabot.
jueves, 22 de marzo de 2018
PLANO INTERACTIVO DO HORTO BN
Empregando o THINGLINK andamos a crear un Plano Interactivo con vídeos explicativos do que temos prantado no noso horto.
sábado, 10 de marzo de 2018
CREANDO QR PARA O DÍA DA MULLER
No Taller TIC creamos o código QR que da acceso ao traballo sobre as PIONEIRAS realizado para o 8M.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



