sábado, 24 de marzo de 2018

ARDUINO

No Taller TIC estivemos a traballar co ARDUINO para facer que o Escornabot avance os mesmos centímetros que o BEEBOT.


Medimos o que avanza cada un.


Enchufamos o Escornabot ao ordenador, abrimos o ARDUINO e buscamos na programación onde aparece configurado o avance. 


Cunha axudiña das profes e da calculadora facemos unha regra de tres para transformar o valor do avance da programación orixinal (1738 =10 centímetros) a 15 cm, o que avanza o BEEBOT. Cambiamos este valor na programación e o cargamos no Escornabot.


jueves, 22 de marzo de 2018

PLANO INTERACTIVO DO HORTO BN

Empregando o THINGLINK andamos a crear un Plano Interactivo con vídeos explicativos do que temos prantado no noso horto.




jueves, 8 de febrero de 2018

CACHOLAbot



No Taller TIC cada aula deseñou unha carauta de porquiño para o Escornabot.


Unha vez realizados os deseños os pasamos polo SELVA3D para transformalos en arquivos de deseño 3D (.stl) e no TINKERCAD añadimos o volume.



Para rematar os abrimos no CURA para transformalos en arquivos de impresión 3D (.gcode) e os imprimimos.


Listos para xogar cos CACHOLAbots!



domingo, 4 de febrero de 2018

PERCORENDO GALICIA CO ESCORNABOT

No Taller TIC damos á Volta a Galicia co Escornabot xogando cun Mapa de Galicia como panel, un dado e tarxetas con comandos.
Partimos de Pastoriza, sacamos unha tarxeta cun comando, tiramos o dado e miramos a que lugar nos leva.


Polo Entroido disfrazamos ao Escornabot de Peliqueiro, Pantalla, Cigarrón...e o levamos ao lugar onde é típico ese personaxe.





miércoles, 24 de enero de 2018

MOLDES PARA A PAZ

Deseñamos nas mesas multitáctis uns moldes para facer o Obradoiro de Pan no Día da PAZ.


Pasamos os deseños polo SELVA3D e despois os imprimimos na Impresora 3D.