domingo, 23 de marzo de 2014

CREANDO COMICS ONLINE

Neste trimestre a biblioBN propúxonos traballar o xénero literario do CÓMIC.
Dende o Taller TIC, empregamos as TICs para a creación de cómics coa axuda de 3 programas online.



Na aula de 3 ANOS traballamos co CHOGGER, programa que permite crear tiras cómicas de unha ou varias viñetas e empregar imaxes inportadas ou ben facer as nosas propias ilustracións.



O resultado:


Na aula de 4 ANOS traballamos co DVOLVER MOVIEMAKER, programa que permite crear historias sinxelas animadas empregando os recursos e ilustracións propias do programa.



O resultado:


Na aula de 5 ANOS traballamos co POWTOON, programa que permite crear presentacións e vídeos animados empregando os variados recursos que ofrece.




O resultado:

domingo, 16 de marzo de 2014

VIDEOCLIP "MARIA MANUELA"

No Taller TIC desta semana reproducimos, na Pizarra Dixital, o cadro "AS MARISCADORAS" de Luis Seoane, empregando a técnica STOPMOTION.


Diante deste cadro, nas POÉTICAS NO MUSEO, as nosas mulleres nos leron o poema "MARIA MANUELA" musicado por MAMÁ CABRA.


Co proceso colaborativo da recreación deste cadro, creamos o videoclip desta fermosa canción.


sábado, 8 de marzo de 2014

CROMAS PARA O REFRANEIRO MARIÑEIRO

Este curso estamos a empregar algunhas sesións do Taller TIC para a gravación dos vídeos do REFRANEIRO MARIÑEIRO, que aprendemos no Taller de Linguaxe Oral.


Traballamos coa técnica do CROMA, para poder despois eliminar a cor azul do fondo e aparecer diante das ilustracións dos refráns.




E este é o resultado.

sábado, 22 de febrero de 2014

BEEBOT

No Taller Tic desta semana coñecimos a nova adquisición do noso centro, un ROBOT chamado BEEBOT.


Unha abella á que lle damos ordes para que se desplace mediante a pulsación das teclas que ten nas súas costas.


Unha vez aprendimos o seu funcionamento, xogamos no tapete cuadriculado a levar o BEEBOT ata unha meta.


Canto nos fixo pensar!!!
E que bo rato pasamos!!!




miércoles, 12 de febrero de 2014

TESELADO DE ESCHER

No Taller TIC estamos compoñendo o teselado de ESCHER, coas figuras traballadas nas aulas, empregando a técnica do STOPMOTION.
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".