No Taller Tic desta semana coñecimos a nova adquisición do noso centro, un ROBOT chamado BEEBOT.
Unha abella á que lle damos ordes para que se desplace mediante a pulsación das teclas que ten nas súas costas.
Unha vez aprendimos o seu funcionamento, xogamos no tapete cuadriculado a levar o BEEBOT ata unha meta.
Canto nos fixo pensar!!!
E que bo rato pasamos!!!
No Taller TIC estamos compoñendo o teselado de ESCHER,
coas figuras traballadas nas aulas, empregando a técnica do STOPMOTION.
Como adianto vos deixamos estos videos, a modo de "making of".
Fermoso video creado mediante STOPMOTION, polo alumnado do IES AS BARXAS (Moaña), que nós tomamos prestado para aprender máis sobre esta técnica que nos apasiona e tamén como inspiración para os nosos próximos audiovisuais.
Video tutorial onde os alumnos de secundaria explican como facer unha animación STOPMOTION.
Unha vez finalizadas as páxinas web das fresas e das cenorias pasamos a crear un QR para cada un dos SITES.
Empregando un dos moitos programas online para este fin, pegamos onde nos indica a dirección web do noso SITE, e o programa crea un QR que xa podemos gardar ou imprimir.
O último paso é comprobar que o QR nos leva á páxina web que queremos, así que o comprobamos na TABLET coa axuda dun programa lector destos códigos, o QR DROID.